28 março 2008

agora que passou a romaria...

...confesso que eu também joguei a quentar a rede.
Picadiña
E vaime doer?- dixen. Doeuche algunha vez algo do que che fixen?- dixo aquel pescozo tan branco. Pois non- dixen. Entón, parviño? Agora, vas sentir unha picadiña- dixo ao tempo que me metía o dedo na boca e ma enchía de sabor a látex e algodón.
Se cadra foi efecto da anestesia, mais xuraría que co torno na man e os seus dedos dentro do meu maxilar esfregou a súa bata contra min enleándome co seu cheiro.
Xa está, procura non mastigar dese lado en vintecatro horas, e pide vez para revisar esoutra moa.- dixo. É cara, mais que ben traballa.

15 março 2008

a bandeira lavandeira II

bandeira lavandeira
aló pelo mês de novembro, o suso deconstruiu um “salva-unhas” em bandeira do brasil; eu gostei tanto da ideia que sabendo da existência dum estropalho coas cores da galiza não pude evitar plagiar ao companheiro do morraço; tudo o mérito é dele.

rascunho #61

livros a voar
às vezes saem voar e não sabe um onde vão dar.

(parabéns, beizóns e muita ledice, jan)