23 abril 2006

areia sonora 0.04

efectos bolboreta

O que traballa coa perforadora para facer unha autoestrada de peaxe, e morren centos de persoas por un terremoto.
A avioneta que orballa pesticida nunhas leiras, e morren ducias de persoas asolagadas polas chuvias.
O coche que perde aceite, e milleiros de peixes morren polo petróleo envorcado por un buraco nas adegas dun petroleiro enferruxado.
O partido político que fai unha churrascada popular, e arden ferrados de monte caducifolio.
O monte caducifolio que arde, e aumenta a producción de papel hixiénico.
O conselleiro que se mergulla na súa piscina do seu chalé, e morren moreas de persoas por un maremoto.

escuitar